martes, 20 de xuño de 2023

GAÑADORES DO RUTICONCURSO

 Despois de rematar o RUTICONCURSO, o pasado luns 19 de xuño , entregamos un pequeno agasallo aos gañadores.

Entre os traballos entregados polo alumnado do primeiro ciclo, o gañador foi MARTÍN.


A gañadora do segundo ciclo foi NOA.


E, por último, no terceiro ciclo gañou CARLOTA.



Noraboa!!! Animádevos a participar no vindeiro Ruticoncurso.
Ata o próximo curso. FELICES VACACIÓNS!!!



luns, 29 de maio de 2023

xoves, 4 de maio de 2023

ENCONTROS CO AUTOR

O alumnado de 2º de Educación Primaria gozou dun encontro co Hematocrítico e das súas historias. Encantoulles o seu conto "Axente Riciños. Misión Princesa", o cal leron previamente na clase. 



venres, 21 de abril de 2023

O DÍA DO LIBRO

 Organizamos a actividade "APADRIÑAMENTO LECTOR". Os maiores len para os máis pequenos, actividade que resultou ser unha ledicia.


mércores, 15 de marzo de 2023

ENCONTROS CO AUTOR

 Este curso temos a sorte de poder recibir algún escritor dos nosos libros favoritos. Neste caso, acercouse á Biblio do Vila Antonio Manuel Fraga, que gozou dun divertido encontro co alumnado de 4º de Educación Primaria.



mércores, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 8M

 Desde a Biblioteca fíxose a seguinte proposta para a conmemoración do Día Internacional da Muller.

Que chovan as postais para as nosas mulleres favoritas. Loitamos polo coidado e a igualdade.



xoves, 23 de febreiro de 2023

ROSALÍA DE CASTRO 23F

 Feliz día, grazas polo que nos deches e aínda nos das. Rosalía de Castro sempre viva.




luns, 20 de febreiro de 2023

A BIBLIOTECA ESCOLAR, LUGAR PARA CHARLAS

 Contamos coa colaboración da Dra. Carol Strate a cal realizou un obradoiro de Educación Sexual para as familias e para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.



luns, 19 de decembro de 2022

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

Rutiña deixa aquí un pequeno enlace coas recomendacións de lecturas para este Nadal. Picade na foto. 


luns, 12 de setembro de 2022

UN NOVO CURSO CON RUTIÑA

 Xa estamos de volta na biblioteca do cole. Empezaremos con moitas ganas de ler e descubrir as aventuras que nos agardan nos libros.

Este curso, igual que o anterior, teremos que respectar as normas que nos sinalan no cole e seguir sendo moi coidadosos e coidadosas para poder volver a gozar da biblio.



mércores, 15 de xuño de 2022

VACACIÓNS DE VERÁN!

sol-imagen-animada-0190

Agora chegan as vacacións de verán, despois dun curso de moitísimo traballo.

No verán é un momento de seguir  gozando da lectura, levar un libro con nós a claquera sitio: praia, campo, monte, casa dos avós, cos amigos...

Recordade que temos cerca moitas librerías e bibliotecas con mil historias esperando por nós.

De momento déixovos algunhas recomendacións que creo que vos poden gustar, pero seguro que atopades moitísimas máis... o próximo curso podedes facerme vós recomendacións a min, que vos parece???

sábado, 21 de maio de 2022

EDUCACIÓN VIAL NO COLE

  Esta semana faremos actividades sobre SEGURIDADE VIAL.



Crear texto gif animado
Uns pequenos vídeos dun neno chamado Jota Jota que quere aprender a "Xogar e cruzar a rúa"

  

Tamén Jota Jota ten moito interese en aprender a andar en bici:



Neste vídeo podes ver algúns sinais de tráfico e  instruccións sobre a circulación.
(É un vídeo dun canal de youtube chamado "aulachachi")
E agora un par de actividades para comprobar canto sabes. Fai clic sobre a imaxe e ....Adiante!










xoves, 28 de abril de 2022

RESUTADOS DO 2ºRUTICONCURSO

Con motivo do Día do Libro, que se celebrou o 23 de abril, no cole entregamos os premios do 2º RUTICONCURSO de relato e poesía.


Desde a Biblio queremos darvos as GRAZAS a todos e todas as participantes. Foi moi complicado elixir de entre tantos poemas e relatos só un de cada categoría, porque TODOS eran marabillosos.
Outra vez este  curso tivemos que facer a entrega de premios sen xuntarnos todos e todas na biblioteca con Rutiña, que sería o que máis nos gustaría.
 Esperamos o vindeiro ano poder facer unha festa de entrega todos xuntos na biblio, que poidamos compartir e aplaudir, que é o que máis nos gustará , pero a entrega de premios neste curso foi igualmente MOI EMOCIONANTE!

Os premiados e premiadas de cada categoría foron os seguintes:

   

 Educación Infantil 

Relatos gañadores : 

"A LÚA", presentado polo grupo de 5ºA.

"O CASTELO DA RAÍÑA", presentado polo grupo de 5ºB.

            Poema gañador :

"QUE BONITO É O MAR" do grupo 4ºA.



 Moitísimas grazas tamén ao profesorado deste ciclo! 

Educación Primaria

1º e 2º de Educación Primaria

Relato gañador : " Santi y la bici voladora" escrito por SANTIAGO FUENTES MARTÍNEZ.

Poema gañador : "A primavera chegou" escrito por MATEO MACEIRAS  EIROA

3º e 4º de Educación Primaria

Relato gañador : "Magia grande y pequeña", escrito por ADRIANA CASAS GARRIDO

Poema gañador : "Abigail", escrito por ELENA ANEIROS VILAR

 5º e 6º de Educación Primaria

Relato gañador : "A gaiola da miña vida",  escrito por DANIELA CUERVO GONZÁLEZ

Poema gañador : "A miña vaca galega", escrito por ÓLIVER ROCA SEGADE

 Entregáronse tamén Diplomas de Participación especial:

-O alumnado de 3ºA de  EP co seu poema "O porco en Porto"

-O alumnado de 4º A pola súa calidade de participación.

-Sebastián Alejandro Morales Zambrano, polo seu "Diario de Sebas"

-Carlota Otero Trabada, pola calidade da súa obra tanto de poesía como de relato.

-Sergio Blanco Sánchez , pola súa entusiasta participación. 




Todos os participantes recibiron de recordo un marcapáxinas único que os acredita como participantes no "SEGUNDO RUTICONCURSO DE RELATO E POESÍA"
Esperamos a vosa participación para o Terceiro Ruticoncurso!

Rutiña quere deixarvos un pequeno vídeo feito coas fotos deste día.

venres, 22 de abril de 2022

FELIZ DÍA DO LIBRO!


 Hoxe, 23 de abril de 2022, Rutiña quere desexarvos un ...

E recordarvos que esta semana na biblioteca, para celebralo, teremos moitísimas novidades para poder levar, ler e compartir tanto no cole como coa familia... Ademais coñeceremos pronto o resultado do segundo Ruticoncurso.

Esperámosvos na biblio!

luns, 21 de marzo de 2022

SEGUNDO RUTICONCURSO!

 Xa está aquí o 2º RUTICONCURSO de relato e poesía.

Para saber como participar podes preguntar  na clase, na biblioteca, ou informarte nos carteis que atoparás polos corredores do cole. Mentres anímote a que vexas o que ocorreu o ano pasado no seguinte vídeo:

Como participar: