En que consiste ser un booktuber?
Pois é moi sinxelo. Consiste en gravar un vídeo para mostrarlles aos demais un libro da biblio que che gustara moito, explicando por que che gustou e por que o recomendarías.
E como o podemos facer?
Pois outra vez moi sinxelo. Falas coa túa profe ou co teu profe e dislle que queres ser "Booktuber". A profe ou o profe dirache cando podes gravar o vídeo na biblioteca, pero ollo... antes de facer a gravación terás que ter moi clariño o que vas dicir. Para iso podes facer primeiro un guion e ensaialo antes con algún compañeiro ou compañeira.
Os vídeos estarán na pestana que ves neste blog que se titula BOOKTUBERS
Anímate. A biblio espera por ti!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario