sábado, 24 de abril de 2021

23 de abril, RESULTADO DO RUTICONCURSO

O día 23 de abril, con motivo do Día do Libro, entregamos os premios do 1º Ruticoncurso de relato e poesía.
Desde a Biblio queremos darvos as GRAZAS a todos e todas as participantes. Foi complicadísimo elexir entre tantos poemas e relatos só un de cada ciclo, porque TODOS eran marabillosos.
Tamén que debido á situación deste curso co Covid non puidemos facer unha entrega de premios todos xuntos na biblio, que é o que máis lle gustaría a Rutiña, pero foi igualmente moi  emocionante!

Os premiados de cada categoría foron os seguintes:

   

 Educación Infantil 

Relato gañador : "Animais viaxeiros", presentado polo grupo de 4ºB.

Poema gañador :"Todos vamos xuntos" do grupo 5ºB.

Todos os relatos e poemas eran BOÍSIMOS, así que o xurado decidiu facer un Diploma especial á participación dos nenos e nenas dos outros grupos de Educación Infantil. Moitísimas grazas tamén ao profesorado deste ciclo! 

EDUCACIÓN INFANTIL 4º B:         PREMIO DE RELATO


EDUCACIÓN INFANTIL 5º B:        PREMIO DE POESÍA

EDUCACIÓN INFANTIL 4ºA: DIPLOMA ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL 5ºA: DIPLOMA ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL 6ºA: DIPLOMA ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL 6ºB: DIPLOMA ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN

Educación Primaria

1º e 2º de Educación Primaria

Relato gañador : "Debajo de mi cama"escrito por Ignacio Blanco Vásquez.

Poema gañador : "Las mariposas"escrito por Eva Esporas Tudoli.

3º e 4º de Educación Primaria

Relato gañador : "O tempo non pasa polos nenos", escrito por Carlota Otero Trabada.

Poema gañador : "As miñas gañadoras", escrito por Sara García Castro.

5º e 6º de Educación Primaria

Relato gañador : "Unha anécdota para contar",  escrito por Daniela Cuervo González.

Poema gañador : "El verano", escrito por Fabrizzio Bancale Álvarez.

Eva, Ignacio, Carlota, Sara, Daniela e Fabrizzio coa dinamizadora da biblioteca e Rutiña amósannos o seu diploma de premiados. NORABOA!

Ademais, todos os participantes recibiron un recordo dun marcapáxinas único que os acredita como participantes no "PRIMEIRO RUTICONCURSO DE RELATO E POESÍA"

Esperamos a vosa participación para o Segundo Ruticoncurso!


Rutiña quere deixarvos un pequeno vídeo feito coas fotos deste día.





xoves, 22 de abril de 2021

23 de abril, O DÍA do LIBRO

O 23 de abril celébrase o día do libro. 
Coñeces a Miguel de Cervantes?
Saben quen é Don Quijote? E Sancho Panza?
Se clicas no nome de Cervantes poderás ver un pequeno vídeo sobre a súa vida.

CERVANTES
E se clicas no nome de Don Quijote, poderás ver un resumo dalgunhas das súas aventuras.








Agora só queda pasar pola biblio e levar algún dos exemplares que hai de Don Quijote.
Non esquezas facer unha visita á pestana de BOOKTUBERS... hai moitas novidades!
Hoxe tamén entregaremos os premios do RUTICONCURSO!!!!

venres, 9 de abril de 2021

NOVIDADES DE ABRIL


 Ola de novo! Estou emocionadísima!

Este mes de abril, igual que a primavera enche de follas as árbores, a biblio énchese de novidades, que podes descubrir no andel da entrada e distribuídas por toda a biblioteca. 

Hai libros marabillosos e novos para todas as idades. Visita a biblio para descubrilos. Déixovos algúns deles pero... hai moitísimos máis!!!!

Recordade tamén que estamos xa esperando a vosa participación no "Ruticoncurso" de relato e poesía, e que tamén queremos encher o blog coas vosas aportacións de "Booktubers"

Para os primeiros lectores, e por suposto para todos e todas: Uns libros  para tocar, xogar, aprender formas, rir, sentir, soñar...

Estes son algúns deles:



Se queres escoitar o conto da "Fábrica de bicos"ou o conto "Dez gatiñas viaxeiras", clica sobe o libro...

Para   lectores un pouquiño máis avanzados e avanzadas, tamén hai unha chea de libros novos para vivir aventuras, sentir, viaxar, rir, pasar medo... Aquí van algúns exemplos de libros novos:



Se queres coñecer a Perro Apestoso, clica sobre o seu libro. Hai unha colección na biblioteca!

Este ano non pode faltar na biblioteca as historias de Rodari

Entre outros libros novos podes atopar tamén libros de poesía, de teatro, libros sobre problemas sociais, como o problema dos refuxiados, libros para aprender sobre mitoloxía, literarura... 
 







Se queres ver un avance de  "Vampira de biblioteca" fai clic no libro.

E PROXIMAMENTE... MOITAS MÁIS NOVIDADES!