sábado, 24 de abril de 2021

23 de abril, RESULTADO DO RUTICONCURSO

O día 23 de abril, con motivo do Día do Libro, entregamos os premios do 1º Ruticoncurso de relato e poesía.
Desde a Biblio queremos darvos as GRAZAS a todos e todas as participantes. Foi complicadísimo elexir entre tantos poemas e relatos só un de cada ciclo, porque TODOS eran marabillosos.
Tamén que debido á situación deste curso co Covid non puidemos facer unha entrega de premios todos xuntos na biblio, que é o que máis lle gustaría a Rutiña, pero foi igualmente moi  emocionante!

Os premiados de cada categoría foron os seguintes:

   

 Educación Infantil 

Relato gañador : "Animais viaxeiros", presentado polo grupo de 4ºB.

Poema gañador :"Todos vamos xuntos" do grupo 5ºB.

Todos os relatos e poemas eran BOÍSIMOS, así que o xurado decidiu facer un Diploma especial á participación dos nenos e nenas dos outros grupos de Educación Infantil. Moitísimas grazas tamén ao profesorado deste ciclo! 

EDUCACIÓN INFANTIL 4º B:         PREMIO DE RELATO


EDUCACIÓN INFANTIL 5º B:        PREMIO DE POESÍA

EDUCACIÓN INFANTIL 4ºA: DIPLOMA ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL 5ºA: DIPLOMA ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL 6ºA: DIPLOMA ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN

EDUCACIÓN INFANTIL 6ºB: DIPLOMA ESPECIAL Á PARTICIPACIÓN

Educación Primaria

1º e 2º de Educación Primaria

Relato gañador : "Debajo de mi cama"escrito por Ignacio Blanco Vásquez.

Poema gañador : "Las mariposas"escrito por Eva Esporas Tudoli.

3º e 4º de Educación Primaria

Relato gañador : "O tempo non pasa polos nenos", escrito por Carlota Otero Trabada.

Poema gañador : "As miñas gañadoras", escrito por Sara García Castro.

5º e 6º de Educación Primaria

Relato gañador : "Unha anécdota para contar",  escrito por Daniela Cuervo González.

Poema gañador : "El verano", escrito por Fabrizzio Bancale Álvarez.

Eva, Ignacio, Carlota, Sara, Daniela e Fabrizzio coa dinamizadora da biblioteca e Rutiña amósannos o seu diploma de premiados. NORABOA!

Ademais, todos os participantes recibiron un recordo dun marcapáxinas único que os acredita como participantes no "PRIMEIRO RUTICONCURSO DE RELATO E POESÍA"

Esperamos a vosa participación para o Segundo Ruticoncurso!


Rutiña quere deixarvos un pequeno vídeo feito coas fotos deste día.





9 comentarios:

  1. Noraboa pola iniciativa!!! Os nenos estiveron moi motivados. Unha aperta de Ruth e da súa nai Patricia.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas!
      Estamos encantad@s coa participación deste primeiro concurso. Danos moito ánimo e ilusión para seguir tratando de motivar e alentar o gusto pola lectura e a escritura.

      Eliminar
  2. Esos Bechos como molan se merecen unha ola!!
    Felicidades a todolos participantes!e a escola por motivalos sempre.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polos vosos comentarios!
      Estamos moi ilusionad@s co comezo da biblio e coa participación de todo o alumnado e profesorado deste curso a pesar de que as circunstancias non nos permtiron facer máis actividades conxuntas. Seguiremos!!

      Eliminar
  3. Bravo por esos niños! Y por el cole por la iniciativa! Gracias por ese premio para los bechos!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas polo comentario! Fainos moita ilusión este comezo de actividades da biblioteca. Seguiremos tratando de fomentar o gusto pola lectura e a escritura.

      Eliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Encantanos o conto da clase dos Bechos (4°B infantil) que resultou premiado. Grazas pola iniciativa do concurso e grazas ao profe Carlos polo seu traballo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas polo comentario. Puxéronlle moita ilusión e imaxinación. Anímanos moito a seguir con iniciativas como esta.

      Eliminar