Este ano o día das Letras Galegas dedícaselle a Xela Arias. Nós na biblioteca queremos que, igual que Xela, coñezas a nosa Lingua a través de moitos libros que vos esperan nas estanterías.
Desde a biblio, Rutiña quere convidarvos a que visitedes o blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso cole. Podes coñecer a Xela Arias, a súa vida e moitas máis cousas interesantísimas e divertidas. Neste enlace poderás ir directamente ao blog:
Hai libros en galego para todas as idades. Aquí vos deixamos algunhas recomendacións para todas as idades.
A POETA YOLANDA CASTAÑO CÓNTANOS A VIDA DE XELA ARIAS NESTE LIBRO. SE QUERES ESCOITAR Á PROPIA YOLANDA CASTAÑO CONTAR A HISTORIA DE XELA, FAI CLIC NO LIBRO!
TEMOS NA BIBLIO UN PEQUENIÑO LIBRO DA VIDA DE XELA PARA TODOS E TODA VÓS. HAI UNHA COLECCIÓN DE LIBROS DE MULLERES GALEGAS.
NON VOS PERDADES O DE XELA!
ESTES SON ALGÚNS DELES:
E COMO NON PODE SER DOUTRA FORMA, MOITOS LIBROS NOVOS, ESPECIALMENTE EN GALEGO ESTA SEMANA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario