luns, 31 de maio de 2021

XUÑO, novidades na biblio

 Estamos chegando a final deste curso, pero Rutiña non deixa de buscar libros que nos poidan gustar. Estes días anda dándolle voltas aos cómics e trouxo uns cantos novos para completar os que temos na biblioteca.



Atopou todos os títulos de "Super patata", "Asterix", "Marco Pola"...que levades tanto tempo pedindo, pero tamén novidades como a colección "La caja de música", ou "Bit Max and Co" ou os cómics de "Lendas do recreo" que non debedes deixar de ler.




Hai moitos máis libros recén chegados. Botáde un vistazo ao que vos trouxo Rutiña.

            Esperámosvos na biblioteca!

Ningún comentario:

Publicar un comentario